Saudo do Irmán Maior

Abrimos unha porta.
E abrímola para que entre aire fresco, para proclamar aos catro ventos o noso compromiso coa liberdade e para que pases e séntasche na túa casa.

Somos un grupo de homes e mulleres ilusionados cun proxecto que leva camiñando desde 1908 na nosa cidade de Ferrol. Un proxecto que consiste en ser Mercé para o cativo de hoxe. E facémolo, cos nosos acertos e erros, desde a nosa Confraría.
Temos un pasado do que nos sentimos orgullosos, un presente ilusionado e un futuro esperanzador. E, é por iso, que desde aquí fagamos unha sentida homenaxe a todos os nosos antecesores. Eles prepararon o terreo e plantado a semente. Agora tócanos a nós coidala. É un traballo ao que todos os confrades estamos chamados. E estamos chamados porque a nosa Confraría non só se limita á Semana Santa. Somos unha entidade viva os 365 días do ano. O noso compromiso cos novos cativos así nolo reclama.
Entra e sentir cómodo. Estás na túa casa.

César Carreño Yáñez
Irmán Maior.

UN POUCO DE HISTORIA

1908: O 17 de setembro o P. Ramón Serratosa aproba os Estatutos da Confraría.

1950 : A Confraría inicia as súas actividades como irmandade penitencial

1951: Primeira saída na noite do Xoves Santo cos terzos do Santísimo Cristo da Misericordia (Confraría de Dores).

1952: O Bispo da Diocese, Don Mariano Veiga Mestre, aproba os Estatutos da Confraría.

1956: A imaxe da Virxe compleméntase cunha coroa en prata sobredourada.

1958:
  • Cambio de sede á súa igrexa matriz da Mercé.
  • Independízase da Confraría de Dores.
  • Inagurase a procesión do Mércores Santo.
1961: Fúndase o terzo de Xesús Redentor

1972: Debido a diferentes motivos a Confraría deixa de procesionar.

1995:Un grupo de entusiastas da Semana Santa inicia os tramites para a refundación da Confraría da Mercé.

2000:A Confraría volve a procesionar acompañando ás Confrarías das Angustias, Dores e o Santo Enterro.

2002: Os Estatutos foron aprobados polo P. Alejandro Fernández Barrajón (Provincial da Mercé) e por D. José Gea Escolanao (Bispo da Diocese de Mondoñedo - Ferrol).

2003: Encárgase unha nova imaxe da Virxe da Mercé.

2004: A Confraría da Mercé volve a procesionar na tarde do Mércores Santo.

2005: Créase o Terzo de Cofrades Portadores e o Terzo do Cristo Redentor

2006: A Confraría estrea o Domingo de Resurreccción a procesión de Santa María Magdalena ó encontro con Xesús Resucitado

2007: Sae a procesión do Crucificado o Venres Santo. Estréase unha nova Cruz para o Redentor realizada polo ebanista Jesús Yáñez Leira

2008: Centenario da fundación da Confraría e cincuenta aniversario da primeira saída procesional.
Novo trono para a Virxe da Mercé e novo estandarte para a Confraría.

2009: Novos estandartes dos terzos da Mercé e do Redentor. O Terzo de portadoras do Redentor transfórmase no terzo do Crucificado.

TERZOS

TERZO DA NOSA NAI DA MERCÉ


É o terzo orixinario da Confraría e acompañan á Nosa Nai da Mercé. O terzo está dividido en dúas seccións: Aspirantes ( de 9 a 16 anos) e os Confrades (de 16 en diante). O habito é branco e está composto por túnica, escapulario, esclavina e capuz verde co escudo da confraría bordado á altura do peito. Os confrades engaden a isto unha capa. Para formar parte do terzo é necesario, ademas de presentar a solicitude, pasar a "Cerimonia do Envío e compromiso" onde o Irmán Maior impón a esclavina e capa aos novos membros. Esta cerimonia celébrase o Martes Santo.

TERZO DO CRISTO REDENTOR

O terzo está dividido en dúas seccións: Aspirantes ( de 9 a 16 anos) e os Confrades (de 16 en diante). O habito é branco e está composto por túnica, escapulario, esclavina e capuz granate co escudo da confraría bordado á altura do peito. Os confrades engaden a isto unha capa. Para formar parte do terzo é necesario, ademas de presentar a solicitude, pasar a
"Cerimonia do Envío e compromiso" onde o Irmán Maior impón a esclavina e capa aos novos membros. Esta cerimonia celébrase o Martes Santo.

TERZO DE COFRADES PORTADORES

Son os encargados de portar todos os símbolos da Confraría, excepto o Libro de Confrades que o leva sempre o secretario. Os Portadores da Mercé levan túnica branca e faxín e luvas verdes. Os portadores do Redentor levan túnica e capa branca, faxín e luvas granate. Para ser portador fai falta ter os 16 anos cumpridos e pasar a "Cerimonia do Envío e Compromiso" onde o Irmán Maior imponlles o Escudo.

TERZO DO CRUCIFICADO

É o terzo que acompaña á súa imaxe títular na procesión do Venres Santo. O seu habito está composto de túnica e capa branca, faxín, capuz e luvas granate. Para ser deste terzo é necesario ter os 18 anos cumpridos e pasar a "
Cerimonia do Envío e Compromiso" onde o Irmán Maior imponlles a Capa e o Escudo.

TERZO INFANTIL
Está formado por nenos e nenas de 3 a 9 anos. O seu habito de cor branca está composto por túnica, escapulario e esclavina. Non levan capuz.
Para formar parte do terzo, ademas de presentar a solicitude, é necesario pasar a "Cerimonia do Escudo" onde o Capelán da Confraría explícalles cal é a orixe e fin da Mercé. Na devandita cerimonia o Irmán Maior imponlles o escudo.
No terzo de Monaguillos os que levan o cordón verde son futuros confrades da Mercé e os do cordón granate do Redentor.